Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Discusión dirixida A6 A18 B4 B5 B8 B9 B10 C8 C6 O alumnado dispoñerá dun calendario de lecturas e deberá ler os textos antes de cada clase para seguir a explicación da profesora, participar en debates, responder preguntas, etc. A participación oral contará como PUNTOS EXTRA (ver observacións). 0
Obradoiro A1 A2 A6 A15 A18 B3 B4 B10 C7 -Comprensión lectora: 20% = 10% (exercicios en grupo) + 10% (comprensión lectora individual). Nas clases pequenas, o alumnado producirá comprensións de lectura en equipos. Nunha data por anunciar, haberá que facer UNHA comprensión de lectura individual.

-Ensaios: 20% = 10% (exercicios en grupo) + 10% (ensaio individual). Cada semana, as/os estudantes agruparanse para facer exercicios de escritura e/ou redactar ensaios sobre un tema académico. Tamén teredes que escribir UN ensaio individual (data: por anunciar).
40
Proba mixta A1 A6 A15 A18 B6 B10 O exame final constará de preguntas/exercicios relacionados cos materiais do curso. Haberá un exame parcial sobre a primeira metade dos devanditos materiais. O estudantado que o aprobe só terá que estudar a segunda metade para o exame final; quen suspenda o parcial serán examinadas/os de todo o programa en xuño e/ou xullo. 50
Presentación oral A1 A2 A6 A9 A15 A20 B1 B5 B8 B9 C4 C6 C8 Presentación grupal (OPCIONAL): 10%. Anímovos a facer unha presentación/performance en clase en grupos de entre 3 e 9 estudantes. O tema desta actividade é o HUMOR, que pode abordarse de maneira académica ou performativa. Se elixides o enfoque académico, teredes que usar unha presentación en PPT para discutir teorías do humor, analizar unha película/texto cómico, etc.; no canto diso, podedes optar por recitar poemas humorísticos, escenificar diálogos de comedias, etc. Aínda que está prohibido ler de notas, é recomendable disfrazarse para a performance; en calquera caso, ensaiar é fundamental.
10
 
Observacións avaliación
-Todas as actividades, incluídos os exames, teñen que estar escritas con letra clara; os erros de gramática, vocabulario, deletreo, puntuación e estilo en xeral repercutirán negativamente nas notas.

-Para aprobar a materia, hai que sacar polo menos un 5 sobre 10 nos apartados do OBRADOIRO, a PROBA MIXTA e a nota final. 

-A participación oral do alumnado contará como puntuación extra, que se engadirá á nota final a condición de que esta sexa igual ou superior a 5. 

-No exame oficial de XULLO haberá preguntas/exercicios sobre as lecturas obrigatorias, un ensaio e unha comprensión lectora. A data do exame, teredes que entregar o resto dos exercicios de lectura e/ou escritura. A presentación en grupo tamén será opcional. Cabe sinalar que cada estudante deberá realizar a(s) sección(s) que non superase na primeira oportunidade.

-O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

-O estudiantado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase segundo os criterios establecidos para a oportunidade de xullo.

-Para NON obter a cualificación de "Non presentado", a/o estudante debe facer polo menos a metade do traballo puntuable.

-Todos os traballos deberán ser entregados en tempo e forma para evitar así unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.

-O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do estudiantado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" na mesma.

-Se a coordinadora considérao conveniente, poderá haber temas de auto-estudo por parte do alumnado (ex. para ampliar coñecementos). Estes materiais, que non serán obxecto de avaliación, serán provistos en Moodle.