Estudo das numerosas e complexas manifestacións da lingua inglesa, agás as consideradas estándar.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Ningunha.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas (discusión dirixida, obradoiro, presentación oral e proba mixta).
*Metodoloxías docentes que se modifican: As clases impartiranse a través de Moodle e/ou Teams. Crearei un foro de debate para discutir os temas do curso e facer os exercicios, e un canal para colgar os vídeos das presentacións.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Email e/ou vídeo-tutoría en Teams.
4. Modificacións na avaliación: A proba mixta realizarase de forma síncrona a través de Moodle ou Teams.
*Observacións de avaliación: En caso de fallos do sistema ou problemas de conexión xustificados durante as probas síncronas, a profesora dará alternativas (ex. email, teléfono).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Ningunha.
Nunha situación de docencia semi-presencial, a profesora aproveitará o tempo na aula para tratar co alumnado todas as cuestións que sexan necesarias.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías