Proba mixta |
A15 |
Proba escrita con preguntas de diverso carácter para avaliar os coñecementos e as competencias adquiridas |
35 |
Presentación oral |
A15 B3 B6 C2 C5 |
Terase en conta tanto a elaboración como a presentación, como o grao de corrección lingüística adquirido no nivel oral. |
20 |
Criterios
de avaliación: na primeira oportunidade, o/a alumno/a ten que cumprir as seguintes
condicións: aprobar o conxunto da Proba mixta e da Proba oral. Facer polo menos
a metade das actividades propostas na avaliación. Non se terán en conta as
actividades entregadas fóra de prazo. Considerarase como Non Presentado o alumnado
que non se presente ás Probas mixta e oral. Os exercicios terán que entregarse
até o último día de clase. A exposición oral realizarase nas últimas horas da
clase (poden ser unha o máis semanas, segundo a cantidade de alumnos/as. Neste
caso realizarase a proba en orde alfabética). Estas datas poden variar. Faranse
oficiais nas aulas. Na segunda oportunidade se o/a alumno/a aprobou o conxunto
das probas mixta e oral so terá que completar as actividades restantes. Os
exercicios poderán entregarse até o día do exame. Non se aceptarán exercicios
fora deste prazo. A exposición oral terá lugar o mesmo día do exame. Se o/a estudante
non aprobou o conxunto das probas mixta e oral terá que repetilas na sesión de
xullo. No caso de non ter feitas o suspensas as demais actividades tamén terá
que repetilas. Ao comezo do curso darase un calendario de entrega dos traballos
e as diferentes actividades da avaliación. O estudantado
con dispensa académica de asistencia e a tempo parcial deberá presentarse ao
comezo do curso para recibir indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir
avaliación continua ao longo de todo o curso. Terá que examinarse nas datas
oficiais como o resto dos/das alumnos/as e entregar ou realizar o resto das
actividades nunha data a convir coa profesora. Os traballos
presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para
a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza
algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas
nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).
|