Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral B2 B3 B4 B8 C2 Terase en conta a asistencia a clase e a participación activa na aula. Non se adquirirá a puntuación se se produce unha falta de asistencia superior ao 10%. 5
Actividades iniciais A15 B3 Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercicios en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. 20
Proba mixta A15 C6 Proba escrita con preguntas de diverso carácter para avaliar os coñecementos e as competencias adquiridas. 35
Proba oral A15 B1 Avaliaranse os coñecementos así como as competencias relativas ao nivel falado da lingua. 20
Presentación oral A15 C3 Terase en conta tanto a elaboración como a presentación como o grao de corrección lingüística adquirido no nivel oral. 20
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación: na
primeira oportunidade, o alumnado ten que cumprir as seguintes condicións: aprobar
o conxunto da Proba mixta e da Proba oral. Facer polo menos a metade das
actividades propostas na avaliación. Non se terán en conta as actividades
entregadas fóra de prazo. Considerarase como Non Presentado aquel/aquela alumno/a
que non se presente ás Probas mixta e oral. Os exercicios terán que entregarse
até o último día de clase. A exposición oral realizarase nas últimas horas da
clase (poden ser unha o máis semanas, segundo a cantidade de alumnos. Neste
caso realizarase a proba en orde alfabética). Estas datas poden variar. Faranse
oficiais nas clases.

Na segunda oportunidade se o/a
alumno/a aprobou o conxunto das probas mixta e oral so terá que completar as
actividades restantes. Os exercicios poderán entregarse até o día do exame. Non
se aceptarán exercicios fora deste prazo. A exposición oral terá lugar o mesmo
día do exame. Se o/a estudante non aprobou o conxunto das probas mixta e oral
terá que repetilas na sesión de xullo. No caso de non ter feitas o suspensas as
demais actividades tamén terá que repetilas. Ao comezo do curso darase un
calendario de entrega dos traballos e as diferentes actividades da avaliación.

O alumnado con dispensa académica de asistencia e a tempo parcial deberá
presentarse ao comezo do curso para recibir indicacións sobre como aprobar o
exame, e recibir avaliación continua ao longo de todo o curso. Terá que
examinarse nas datas oficiais como o resto dos alumnos e entregar ou realizar o
resto das actividades nunha data a convir coa profesora. 

Os traballos presentados polo
alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección
do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras
universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha
destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).