Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas (Plan 2019)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
5
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Matemáticas
Coordinación
Tarrio Saavedra, Javier
Correo electrónico
javier.tarrio@udc.es
Profesorado
Naya Fernandez, Salvador
Tarrio Saavedra, Javier
Correo electrónico
Web
Descrición xeral
O control estatístico da calidade e a rama da estatística tradicionalmente ligada á industria e á empresa que inclúe todas as técnicas e metodoloxías estatísticas desenvolvidas para o mantemento e mellora da calidade dos procesos que dan lugar aos productos e servizos. Entre as técnicas máis utilizadas, destacan os gráficos de control, a análise de capacidade de procesos e todas aquelas ferramentas relacionadas co deseño de experimentos e os modelos de fiabilidade.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non se modificarán os contidos.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
As metodoloxías docentes expostas nesta guía utilizaranse independentemente do grao de presencialidade baixo o que se imparta a materia, entendendo clases presenciais aquelas realizadas desde a aula de videoconferencia.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Non se modifica ningunha metodoloxía docente.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Ferramentas: Microsoft Teams e correo electrónico.
Temporalización: Microsoft Teams utilizarase en horario de clases, ademais de en horario de titorías. O correo electrónico servirá de medio para resolver dúbidas e para o intercambio de ficheiros e información en xeral.
4. Modificacións na avaliación:
Así mesmo, o procedemento de avaliación de CEC tampouco necesitará ningún tipo de modificación, tendo en conta que xa se proporciona a alternativa de que se realice na súa totalidade a partir da entrega de traballos por parte dos alumnos.
*Observacións de avaliación:
Solicitarase a entrega de dous traballos prácticos relacionados coa aplicación de ferramentas do Control Estatístico da Calidade a datos reais ou simulados mediante o software estatístico R (a avaliación destes traballos se corresponderá cun 60% da nota global), seguindo as metodoloxías impartidas nas clases prácticas a través de TIC. O outro 40% da cualificación global corresponderase co exame final da materia (realizaríase mediante medios telemáticos en modo síncrono), proba tipo test de entre 15 e 20 preguntas. Alternativamente ao exame, o alumno poderá ser avaliado do outro 40% da cualificación global mediante a entrega dun traballo final que poderá ser (1) de revisión e ampliación dos diversos temas impartidos na materia, ou (2) de programación en R de algunha metodoloxía do Control Estatístico da Calidade, ou (3) da aplicación práctica dos coñecementos impartidos a un caso de estudo real ou simulado, ou mesmo (4) un traballo de análise de bibliografía (artigos de referencia relacionados coa materia) ou software vinculado a este eido da estatística.
Segunda oportunidade: Aplicarase o mesmo procedemento de avaliación que na primeira oportunidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías