Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Programación I | Código | 614G01001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Nas sesións de teoría, o profesor describe os obxectivos e os contidos da materia, para dar unha visión particular do tema a tratar e relacionalo con outros dentro da asignatura Despois desenvólvese o tema correspondente na forma de sesión maxistral, axudándose das ferramentas técnicas dispoñibles, facendo fincapé en certas cuestións nas que o alumno debe profundar no seu autoaprendizaxe. O obxectivo é que o alumno aprenda a algoritmizar, utilizar as estruturas básicas de datos e resolver sinxelos problemas de programación. Utilizarase como linguaxe de codificación o C As sesión maxistrais poden ser presenciais ou a través de plataformas informáticas como TEAMS. Tamen se poden incluir videos explicativos de diferentes partes dos contidos teóricos |
Prácticas de laboratorio | Nas sesións de prácticas o alumno realizará programas en papel para despois codificalo en Linguaxe C, compilalo, executalo e comprobar o seu nivel de corrección. Os enunciados dos programas proporcionaranse coa suficiente antelación para que os alumnos poidan aproveitar mellor o seu tempo. É misión do profesor supervisar o código xerado polo alumno para resolver dúbidas, corrixir malos estilos de programación e corrixir erros, contando con que o profesor non é un compilador que busca erros. |
Seminario | Nas sesións de seminario realizaranse exercicios e prácticas coa finalidade de detectar nos alumnos lagoas de coñecemento na materia impartida ata ese momento, e dar as explicacións e/ou referencias necesarias para enmendalas As sesión de seminarios para resolver dúbidas poden ser presenciais ou a través de plataformas informáticas como TEAMS. |