Unha organización emprega un gran número de diversas tecnoloxías para a realización de diferentes tarefas. Estas tecnoloxías deben ser capaces de comunicarse e cooperar unhas con outras. Así, un compoñente clave para a disciplina das TI é a integración de aplicacións e sistemas. Esta asignatura explorará os diferentes tipos de linguaxes de programación e o seu uso apropiado, así como o uso de linguaxes de scripting, arquitecturas, interfaces de aplicación e prácticas de programación que facilitan a xestión, integración e seguridade dos sistemas que dan soporte a unha organización.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
* Metodoloxías docentes que se manteñen
- Todas, agás as mencionadas explícitamente a continuación.
* Metodoloxías docentes que se modifican
- a docencia da asignatura pasaría de ser presencial a realizarse de xeito síncrono pero telemático.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- non se realizarán cambios
4. Modificacións na avaliación
- non se realizarán cambios
* Observacións de avaliación:
- a proba mixta presencial prevista realizarase de forma telemática en caso de continxencia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías