Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Computación
Coordinación
Mato Abad, Virginia
Correo electrónico
virginia.mato@udc.es
Profesorado
Cedrón Santaeufemia, Francisco Abel
Mato Abad, Virginia
Rodriguez Yañez, Santiago
Correo electrónico
francisco.cedron@udc.es
virginia.mato@udc.es
santiago.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral
Un problema importante no desenvolvemento de proxectos software é todo o relacionado co incumprimento de prazos e custos. Dentro do conxunto de técnicas para resolvelo, están os relativos a unha axeitada xestión dos recursos humanos, así como a realización dunhas estimacións realistas do tamaño do software a desenvolver e dos diferentes parámetros involucrados que permitan facer unha planificación o mais realista posible.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Se manteñen as mesmas metodoloxías excepto o mecanismo de avaliación e a impartición da materia que cambiaría de presencial a non presencial a través de Teams
*Metodoloxías docentes que se modifican
Proba mixta (non se realizará, xa que a avaliación destes coñecementos se incorpora as metodoloxías da práctica e os traballos tutelados)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
• Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
• Campus Virtual: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando.
• Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. 1 sesión semanal en pequeno grupo para o seguimento e apoio na realización da práctica.
4. Modificacións na avaliación
Se o exame final non se pode facer de maneira presencial o método de avaliación modifícase para empregar un método onde a avaliación continua sexa o 100% da cualificación final (práctica e traballos tutelados) .
*Observacións de avaliación:
Requisitos para superar a materia:
• Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (práctica e traballos tutelados).
• A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada no Campus Virtual.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías