Durante o desenvolvemento desta materia daranse as indicacións
oportunas por correo electrónico ou a través da plataforma Moodle, respecto á
avaliación. É importante ter en conta que a modalidade online ten o mesmo ritmo
de traballo/período de clases que os da modalidade presencial.
Para superar a materia na 1ª oportunidade, hai 2 opcións:
a) Realización individual dun EXERCICIO FINAL (máximo 3 folios)
que será colgado na plataforma durante o desenvolvemento desta materia, e que
deberá entregarse antes dunha data previamente sinalada. Avaliación: Se se
escolle esta modalidade, a máxima nota a obter sería SEIS puntos, analizada do
seguinte modo: - Sesión maxistral: ata 1 punto máximo (para os alumnos
on-line: por lectura do material, participación activa e razoada nos
foros/debates on-line e/ou realización dos exercicios/estudo de casos
correspondentes, e para os alumnos presenciais: pola súa asistencia e
involucración nas sesións presenciais) - Exercicio final: ata 5 puntos máximo
pola elaboración deste exercicio, que deberá ser realizado presencialmente, ou
a través da plataforma Moodle.
b) Realización dunha PROBA FINAL con contido TEÓRICO-PRÁCTICO que
consistirá fundamentalmente na realización dun traballo proposto polo profesor
de forma individual sobre algún dos contidos da materia (Máximo 3 ou 4 folios).
Avaliación: Se se escolle esta modalidade, a máxima nota a obter sería DEZ
puntos, analizada do seguinte modo: - Sesión maxistral: 30% (para os alumnos
on-line: por lectura do material, participación activa e razoada nos
foros/debates on-line e/ou realización dos exercicios/estudo de casos
correspondentes, e para os alumnos presenciais: pola súa asistencia e
involucración nas sesións presencias). - Proba final: 70% (con contido
teórico-práctico). A devandita proba, deberá ser realizada presencialmente, ou
a través da plataforma moodle dentro das datas sinaladas (neste último caso, o
alumno dispoñerá dun tempo máximo de 3 horas, a contar dende o momento en que
proceda á apertura do enunciado da Proba).
O alumno só poderá realizar unha das dúas alternativas anteriores.
Durante a última semana do mes de abril, como máximo, facilitaranse as
cualificacións finais provisionais e una posible data de revisión/discusión
destas na seguinte semana.
Para superar a proba na 2ª oportunidade, deberase
presentar un traballo sobre un tema proposto polo profesor. Oportunamente, e
coa debida antelación, facilitaranse as datas e toda a información necesaria
para a realización e entrega deste. As cualificacións finais provisionais e
unha posible data de revisión/discusión destas facilitarase, como máximo, una
semana antes do peche de actas no mes de xullo (2ª oportunidade).
Implicacións do plaxio: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida
en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".