Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Economía Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Fernández Suárez, Mónica Belén
Correo electrónico
belen.fernandez.suarez@udc.es
Profesorado
Fernández Suárez, Mónica Belén
Vilar Rodriguez, Margarita
Correo electrónico
belen.fernandez.suarez@udc.es
margarita.vilar.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia pretende abarcar os distintos modelos de Estado do Benestar europeos aplicando a metodoloxía comparada. Pártese dunha visión histórica que analiza cómo se conformaron os Estados do Benestar, dase unha visión xeral da política social europea que irá desgranando algúns dos pilares do Estado do Benestar: sistema de saúde, educación e Seguridade Social. A parte práctica da materia consistirá na elaboración dunha análise comparada dunha política pública entre distintos países empregando fontes de datos secundarias e revisión bibliográfica.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non haberia
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Se manteñen todalas metodoloxías docentes, agás as clases presenciais que pasarían a ser impartidas en TEAMS
*Metodoloxías docentes que se modifican
Clases presenciais pasarían a ser impartidas de forma virtual en TEAMS
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O alumnado ten á súa disposición os seguintes medios:
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas ou facer correccións e/ou revisións de prácticas. A través do correo electrónico poderase concertar tamén unha titoría personalizada ou en pequeno grupo a través de TEAMS
– Moodle: Diariamente. Utilizaranse as ferramentas dispoñibles (foros temáticos...) segundo as necesidades do alumnado para resolver dúbidas sobre calquera aspecto da materia. Utilizaranse tamén os foros específicos para as discusións e debates dirixidos
– Teams: De 1 a 2 sesións semanais (segundo demande o alumnado) en grupo pequeno (ata 5 persoas) para o seguimento dos contidos da materia e apoio na realización de prácticas. Esta dinámica permite facer un seguimento máis personalizado e axustado ás necesidades de aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. Con estas sesións reforzarase tamén a atención aos estudantes “non presenciais” ou “virtuais” que puidese haber mesmo nun escenario de presencialidad. A estas titorías engadiríase o tempo das titorías individuais, onde poderían adoptar un papel máis activo.
4. Modificacións na avaliación
Non haberia modificación
*Observacións de avaliación:
Non habería modificación
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non habería cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías