Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Segundo
Optativa
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Ciencias da Saúde Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Zapico Barbeito, Mª Helena
Correo electrónico
helena.zapico@udc.es
Profesorado
Ávila Álvarez, Adriana Ivette
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
Robles García, Verónica
Viana Moldes, Ines
Zapico Barbeito, Mª Helena
Correo electrónico
adriana.avila.alvarez@udc.es
natalia.rivas.quarneti@udc.es
veronica.robles@udc.es
ines.viana@udc.es
helena.zapico@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia de Intervención socioeducativa con persoas maiores atopa a súa xénese na defensa dun paradigma promotor do avellentamento activo e a solidariedade interxeracional comunitaria, a prol da construción de sociedades máis xustas para tódalas idades. Dende unha perspectiva teórico-práctica, ofrécese un estimulante achegamento aos principios do modelo de traballo integral centrado na persoa, o grupo e a comunidade, por medio da análise de innumerables proxectos e experiencias nacionais e internacionais no campo da saúde, a interxeracionalidade, a xeragoxía ou a prevención da vulnerabilidade e a exclusión na vellez. Preténdese, asemade, aportar claves que axuden a deseñar e desenvolver proxectos socioeducativos e sanitarios orientados á derradeira etapa da vida, dende un enfoque decididamente interdisciplinario.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican
As metodoloxías adaptaranse á ao cumprimento da lexislación vixente en cada momento en relación á unha posible declaración de estado de alarma e/ou outra normativa aprobada por razóns de protección da saúde. Así, as metodoloxías se mantendrán adaptando su forma ao uso da ferramenta Teams e/ou a plataforma Campus Virtual.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento da materia.
– Campus Virtual: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando.
– Teams: para a titorización e seguimento do traballo desenvolvido na materia.
4. Modificacións na avaliación
- Non se contemplan modificacións, máis aló da adaptación do formato á situación sanitaria (por exemplo, traballos grupais poden pasar a individuais)
*Observacións de avaliación:
Todas as metodoloxias da avaliación deben superarse para aprobar a materia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Os materiais de traballo estarán dispoñibles de forma dixitalizada en Campus Virtual
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías