Nesta materia abordaranse algunhas das grandes transformacións que definen a idade contemporánea. O programa organízase en cinco temas: 1.- Un mundo rural en crise permanente. 2.- Da revolución industrial a globalización. 3.- Unha historia urbana. 4.- Orde e control social. 5.- O sistema mundial: do colonialismo ao neoliberalismo. En cada un destes temas estudaranse os procesos implicados durante a idade contemporánea. A utilidade desta aproximación é dobre. Primeiro, que os alumnos incorporen unha dimensión diacrónica, que lles faculte para estudar a sociedade actual como produto histórico, e valorar as continuidades e as novidades por referencia ao pasado. Segundo, analizar o contexto histórico no que se desenvolveu a teoría social, paso previo para contextualizar algunhas das súas limitacións.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Discusión dirixida (computa na avaliación)
- Lecturas
- Traballo por grupos- (computa na avaliación)
- Proba obxectiva (computa na avaliación)
- Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas
- Moodle: diariamente. Dispoñibilidade de lecturas e formularios, e entrega de tarefas.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos, a discusión dirixida, o debate sobre as lecturas e a exposición oral dos traballos de grupo sobre as devanditas lecturas, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. 1 sesión semanal en horario de titorías, en pequeno grupo, para resolver todo tipo de dúbidas e asesorar na realización dos traballos de grupo.
4. Modificacións na avaliación
A) Alumnado con dedicación completa: Mantéñense as metodoloxías e o seu peso na avaliación.
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia Realización de exame final vía Moodle.
C.- Requisitos para superar a materia:
- Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
- Entregar e expor os traballos tutelados na data que se indique.
- Realización obrigatoria do exame final vía Moodle.
- A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Todas as lecturas obrigatorias están dispoñibles no Moodle. Manterase a filmografía a que se poida acceder online, ou aquela que se difunda a través das sesións docentes en Teams.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías