Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño Sonoro | Código | 616G02008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais, en formato pílula, que se porán a disposición do estudantado a través do campus virtual. Nas sesións maxistrais realizaranse actividades dirixidas a facilitar a comprensión da materia así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos sobre a materia. Naqueles casos en que ditas actividades se establecesen como traballo autónomo fóra da aula, empregaranse fórmulas de seguemento para determinar o grao de cumprimento da tarefa. Nestes casos as sesións maxistrais poderanse destinar á posta en común das tarefas ou a súa corrección colaborativa. (Virtual) |
Investigación (Proxecto de investigación) | Investigación realizada de forma individual cuxo tema, relacionado cos contidos da materia, será proposto pola profesora. Dita investigación entregarase en formato audio (locución e fragmentos sonoros) . (Presencial e traballo autónomo do alumnado) |
Obradoiro | Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas. A entrega de ditas prácticas efectuarase no tempo e na forma fixados pola profesora. (Presencial, con posibilidade de virtualizar un dos grupos de ser preciso por necesidades do alumnado, ou por limitacións de espazos e recursos) |
Traballos tutelados | Creación dunha sonomontaxe ou dun relato sonoro (Traballo A) Deseño sonoro en grupo dunha secuencia audiovisual (Traballo B) Deseño sonoro íntegro, en grupo, dun proxecto audiovisual (Proxecto Final) (Presencial e traballo autónomo do alumnado) |
Presentación oral | Presentación do deseño sonoro dunha secuencia (Traballo B). Na presentación explicarase o uso e focalización do son, ademais de responder a preguntas respecto das decisións tomadas no plano narrativo, funcional e estético. Presentacións do deseño sonoro íntegro dun proxecto audiovisual (Proxecto final) nas súas diferentes fases: idea, deseño e produto final. Nestas presentacións explicarase-debaterase sobre a idea e o deseño de son -desde unha perspectiva narrativa, funcional e estética- e a súa implementación no produto final. Complementariamente os estudantes desenvolverán unha rúbrica de avaliación do seu proxecto, así como do desenvolvido por outros grupos. (Presencial e traballo autónomo do alumnado. Esta actividade podería virtualizarse por necesidades do alumnado ou de limitacións de espazo). |