Prácticas de laboratorio |
Realizaranse prácticas de laboratorio sobre os contidos teóricos impartidos na materia; nelas participarase como avaliador e como suxeito experimental. |
Prácticas a través de TIC |
Empregaranse cuestionarios en el Campus Virtual, Microsoft Form, Kahoot ou similar, coa intención de estimular ao alumnado para estar ao corrente dos contidos expostos en sesións previas ou, mesmo, na propia sesión. Tamén servirá para determinar a participación do alumnado. Os estudantes con menor puntuación poderán ser encargados de elaborar cuestionarios a expor nunha próxima sesión. |
Proba mixta |
Proba que pode integrar preguntas ben do tipo ensaio e/ou preguntas obxectivas. En canto ás preguntas de ensaio corresponde a preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Proba clínica |
Participación como suxeito experimental ou como axudante en estudos desenvoltos no "Grupo de aprendizaxe e control do movemento humano en actividade física e deporte ( ACoM)". |