Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A5 A11 A18 A25 A27 A33 A36 B7 B10 B16 C1 C3 O/a estudante entregará na data oficial do exame, da primeira ou segunda oportunidade, o traballo descrito no apartado Metodoloxía. Na súa avaliación terase en conta a calidade dos contidos, a execución (de ser o caso), easpectos formais, e valor didáctico, na edición do video.

É necesario un mínimo do 70% de asistencia ás sesións da materia (60% no caso de estudantes a tempo parcial) para poder avaliar esta sección.
10
Proba mixta A4 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 B2 B16 C1 Exame teórico de pregunta test, curta e/ou a desenvolver, sobre os contidos teórico-prácticos expostos. A puntuación é de 0 a 10, e será preciso obter o 50% para superar a proba. A realización desta proba é obrigatoria.

No caso de ter que realizar esta proba de xeito on-line, realizarase a través das plataformas oficiais da UDC.
25
Simulación A5 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B3 B7 B16 C1 Se avaliará o contido da sesión, a metodoloxía didáctica empregada, a calidade na exposición dos contidos e a conducción e resolución de cuestións plantexadas polo grupo. A realización é optativa, e a puntuación é de 0 a 10.

É necesario un 60% de asistencia no momento da súa execución (no caso contrario no poderá realizar esta proba, de competencia didáctica).
15
Práctica de actividade física Estes contidos serán avaliados mediante 5 Probas de Valoración Motriz (PVM) (realización optativa) en avaliación continua (puntuación de 0 a 10 cada unha das probas). Suporán o 40% do total (necesario superar mínimo 3 delas para poder sumar no cómputo xeral final), e cada proba considerarase superada cando a puntuación sexa igual ou superior a 5 puntos.

É necesario un mínimo do 70% de asistencia ás sesións da materia (60% no caso de estudantes a tempo parcial) para poder avaliar esta sección.
40
Prácticas clínicas A7 A8 A11 A18 A25 A26 A33 B1 B2 B3 O/a estudante asistirá a sesións de ensino/aprendizaxe/adestramento nas que, mediante planillas de observación deseñadas polo PDI para tal efecto, recollerá información pertinente relativa ao desenvolvemento didáctico e metodolóxico da sesión. A sesión desenvolverase en clubs e/ou escolas onde teña lugar un proceso da natureza anteriormente descrita. O responsable da actividade asinará a Planilla de Observación dando fé da tarefa realizada.

O/a estudante deberá completar polo menos 6 planillas de observación que terán que ser entregadas ao PDI da materia nalgunha das datas oficiais de examen establecidas para a primeira ou segunda oportunidade.

Estas prácticas tamén poderán realizarse mediante observación on-line de sesións, con outra estrutura (planilla) deseñada polo PDI a tal efecto.

10
 
Observacións avaliación

CONSIDERACIÓNS RELATIVAS Á PRIMEIRA OPORTUNIDADE PARA ESTUDANTES CON MATRÍCULA TOTAL E PARCIAL

Será de obrigado cumprimento a asistencia (participación) a un mínimo do 70% das sesións da asignatura (60% no caso de estudantes con adicación a tempo parcial) para que o apartado de Probas de Valoración Motriz, e o de Prácticas a través de TIC poidan ser sumados no cómputo xeral final.

Unha vez que o 70% (ou 60%) da asistencia sexa obtido, poderase sumar:

a) A porcentaxe da puntuación obtida nas Probas de Valoración Motriz(Prácticas de actividade física), toda vez que 3 probas sexan superadas (5 puntos), ainda que a media final de todas as probas sexa menor de 5.

b) A porcentaxe do valor da proba Prácticas a través de TIC, ainda que a puntuación sexa menor de 5 puntos.

A Proba de Simulación (optativa) precisa un mínimo do 60% de asistencia para poder realizala.

As Prácticas Clínicas (optativa) non precisan asistencia para a súa avaliación.

A única parte da avaliación que é obrigatoria realizar (e aprobar) para sumar a porcentaxe correspondente, e superar a asignatura, é a Proba Mixta. O resto pódese obter en función das decisións e organización dos e das estudantes. A cualificación final (entre 0 e 10) virá determinada pola suma dos valores que poidan ser tomados en consideración, e en virtude do anteriomente exposto. A asignatura estará superada ao acadar un mínimo de 5 puntos. Cada unha das partes superadas, incluida a asistencia, será mantida en sucesivas oportunidades, e en sucesivos anos (ata novo aviso ao inicio do curso, ou previo cambio do sistema de avaliación). 

Os casos de lesión crónica ou transitoria, así como os relativos a estudantes con algunha discapacidade, ou falta de presencialidade (sempre que sexa por causa maior xustificada), serán tratados e resoltos individualmente polo PDI da asignatura.

En cada oportunidade, o non concorrer á Proba Mixta, en caso de que esta non fose superada previamente, implicará a calificación do/da estudante como Non presentado.

CONSIDERACIÓNS RELATIVAS Á SEGUNDA OPORTUNIDADE PARA ESTUDANTES CON MATRÍCULA TOTAL E PARCIAL

As probas de avaliación serán as mesmas que para a primeira oportunidade. No caso de non ter realizado a proba denominada "Práctica de actividade física" (ou tela suspensa), os/as poderían, previa solicitude, presentarse a un exame final global desta proba, sendo necesario obter un 5 para superar a mesma. No caso de non dispoñer da procentaxe de asistencia (participación) requerida (70% en matrícula total e 60% en matrícula parcial) os/as estudantes poderían igualmente presentarse, pero sen opción de poder sumar a porcentaxe establecida para esa proba ata obter o mínimo de asistencia (participación) requerida na materia (esta situación non impediría a superación da materia, atendendo aos criterios xerais de avaliación).

CONSIDERACIÓNS RELATIVAS Á PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE, E ESTUDANTES CON MATRÍCULA TOTAL E PARCIAL

Os exames das diferentes probas estarán en castelán, e se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitarase unha semana antes das datas de realización.

Todas as probas que precisen para a súa realización dunha plataforma que permita a execución on-line, serán realizadas polas ferramentas oficiáis da UDC. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación (por exemplo o plaxio) implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación.