A madeira é un dos materiais máis antigos que se utilizaron en construción e a súa aplicación foi intensa como estrutura, cerramento exterior e interior, como carpintería de armar, mobiliario, etc. A rehabilitación do patrimonio arquitectónico e a súa conservación, require a presenza dun profesional profundamente coñecedor dos aspectos diferenciadores da madeira como material estrutural fronte a outros materiais clásicos.
O incorrecto deseño de estruturas de madeira en canto á disposición de elementos de protección #ante axentes agresivos foi un dos puntos crave na durabilidade do material e na aparición de numerosas patoloxías na arquitectura construída. Preténdese ao longo do desenvolvemento desta materia que o alumno comprenda a causalidade dos danos nas estruturas de madeira, sistematizando conceptos para conseguir a realización das tarefas de inspección e diagnostico, ao amparo das técnicas dispoñibles, avaliando a capacidade resistente da estrutura e que finalmente adquira as habilidades necesarias para desenvolver unha adecuada proposta de intervención.
Os coñecementos adquiridos polo alumno ao cursar esta materia pretenden:
.- Formar expertos de nivel avanzado cun profundo coñecemento da madeira como material estrutural.
.- Comprender os factores condicionantes do deseño construtivo e a súa relación coa presenza de patoloxías nas construcións.
.- Avaliar as tecnoloxías da madeira aplicables na rehabilitación do patrimonio construído.
.- Analizar as posibilidades de realizar unha adecuada intervención en distintos campos de aplicación.
.- Utilizar de forma correcta a lexislación vixente.
Plan de continxencia
Suscítase un escenario no que debido á capacidade das aulas ou outro tipo de razóns non sexa factible a docencia presencial das clases expositivas (sesións maxistrais), en tanto a docencia interactiva e de taller, ao ser grupos de menor número de alumnos poida seguir impartíndose de forma presencial.
Nesta situación o único cambio previsto afecta á metodoloxía docente empregada nas sesións maxistrais que se realizarán en formato en liña coa axuda da plataforma Teams incluída en Office365.
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas as que aparecen nas apartado metodoloxías
Metodoloxías docentes que se modifican
Non resulta necesaria a modificación das metodoloxías previstas, salvo o apoio da ferramenta Teams no caso de docencia non presencial.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle: foros temáticos asociados aos contidos e actividades da materia
Teams: no seu caso, sesión semanal da materia na franxa temporal asignada polo centro.
4. Modificacións na avaliación
Non se contemplan cambios nos criterios de avaliación.
Observacións de avaliación:
No caso da presentación oral, #ante a imposibilidade de realizala presencialmente realizaríase a través da plataforma microsoft365
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Listaxe actualizada en apartado "Fuentes de información" da guía docente da materia
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías