Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Proxectos 1 | Código | 630G02001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, na que se introducen as achegas teóricas que permitirán ao alumnado enfrontarse coa materia e desenvolver os traballos e prácticas do taller. Ademais considéranse sesións maxistrais aquelas en as que se realizan explicacións de exercicios e revisións de resultados. |
Portafolios do alumno | Cada alumna ou alumno irá completando ao longo do curso un caderno de notas persoal, portafolio ou caderno de bitácora. Será de follas brancas e estará encadernado. Haberá de reflectir todo o proceso de aprendizaxe vinculada coa materia, aínda que non ten que ser exclusivo da mesma, e debe incluír: _Anotacións provenientes das sesións expositivas e as lecturas obrigatorias. _Bosquexos e datos de obras de arquitectura que espertasen interese no estudante e/ou que se usen como referencia nos exercicios de taller. _Rastros do proceso creativo de todos os exercicios de taller: reflexións, notas, datos, bosquexos, análises, diagramas, ideogramas, argumentos formais, obras de referencia, esquemas de planta e sección, etc. |
Obradoiro | O taller de proxectos é unha modalidade formativa básica da materia Proxectos 1. Componse de traballo presencial e non presencial que o alumnado ha de realizar persoalmente. Cada unidade didáctica contén exercicios prácticos que se irán desenvolvendo nas horas presenciais de docencia interactiva e nas horas de dedicación non presencial por parte de cada unha das alumnas e alumnos. O traballo do proxecto (prácticas individuais e/ou grupais) complétase con sesións de discusión e comentarios colectivos. Nas sesións críticas o alumnado explicará ao conxunto da clase as súas propostas. Acreditación de asistencia ao taller: Correccións persoais co profesorado de taller. Horas non presenciais: revisarase e completarase o traballo elaborado na aula, se fose o caso, realizaranse aqueles traballos específicos que complementen os exercicios do obradoiro. Acreditación de asistencia ao taller: entrega do traballo realizado en cada sesión semanal. |
Proba obxectiva | Instrumento de medida articulado para avaliar as capacidades e competencias adquiridas polo alumno en relación á materia. Consistirá nun exercicio de taller de carácter gráfico a realizar presencialmente nun marco temporal de catro horas, ao cabo das cales se producirá a entrega. Permítese manexar apuntamentos e exercicios propios. O alumnado haberá de demostrar as habilidades e competencias adquiridas en relación á conciencia da forma do espazo e a súa orde, sentido da proporción e a medida, mecanismos de composición, manipulación de curvas de nivel, trazado de escaleiras e manexo de recursos gráficos. |