Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A avaliación do portafolios do alumno só se realizará se se presenta encadernado, completo e ordenado. 10
Proba obxectiva A12 A13 A14 A15 A17 A25 A26 A27 A39 A41 A63 A proba obxectiva constará dun test de respostas múltiples e de varios exercicios teórico-prácticos relacionados co temario da materia. A puntuación de cada un dos exercicios estará indicada no seu enunciado. 40
Sesión maxistral A12 A13 A14 A15 A17 A25 A26 A27 A39 A41 A63 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliaranse os apuntes da materia tomados polo alumno nas clases expositivas. Terase en conta o esforzo realizado para completar a información mediante búsquedas realizadas polos alumnos a traverso das fontes dispoñibles: bibliografía, webgrafía, información comercial, etc. Os apuntes redactaranse de forma manuscrita e valorarase especialmente a inclusión dos debuxos e croquis realizados polos profesores nas clases expositivas. 10
Obradoiro B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase especialmente a precisión no debuxo, así como a claridade e limpeza na presentación dos traballos. 40
 
Observacións avaliación

Para poder ter a avaliación global da materia en calquera das dúas oportunidades, será necesario:

1. Ter asistido polo menos o 80% das Sesións maxistráis e do Taller, salvo causa de forza maior xustificada documentalmente.

2. Presentar todalas prácticas realizadas no Taller.

3. Entregar o Portafolio completo.

4. Entregar os apuntes tomados nas Sesións maxistráis.

5. Realiar a proba obxectiva na data establecida no calendario de exames aprobado polo centro.

No caso de que o alumno non presente algún dos ítems puntuables para a asignatura, figurará como ‘Non presentado’ nas actas da oportunidade correspondente.

No caso de que o alumno non acade unha cualificación igual ou superior a 4 puntos sobre 10 en
algún dos items puntuables para a asignatura, figurará como ‘Suspenso’ nas actas da oportunidade correspondente, ainda que a sua media global sexa superior a 5 puntos sobre 10.

No caso de que o alumno copiara algún exercicio a outro, figurará como ‘Suspenso’ nas actas da oportunidade máis próxima.

O alumno que repita o curso non terá que refacer os exercicios nos que obtivo unha nota igual ou superior a 8 puntos sobre 10 no último curso académico.