Estruturas 4 é unha materia obrigatoria inscrita no 4° curso (7° cuadrimestre) do Grao en Estudos de Arquitectura. O eixo dos seus obxectivos competenciais consiste en introducir ao alumno no deseño e cálculo de estruturas de formigón armado no campo da edificación a nivel profesional. Enténdese este enfoque no seu sentido máis amplo, o que compete ao proxecto de estruturas en todas as súas vertentes, incluíndo os aspectos de deseño, dimensionado, representación e execución, todo iso conforme ao contexto normativo que resulte de aplicación.
Plan de continxencia
O presente plan de continxencia defínese exclusivamente para facer fronte a aquelas situacións en que o contexto sanitario ou as limitacións de capacidade dos espazos académicos obriguen a unha transición a un modelo de ensino híbrido, ou a posibles escenarios de confinamento total ou parcial.
1 MODIFICACIÓNS NOS CONTIDOS
Non se realizan cambios no presente punto.
2 METODOLOXÍAS
METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MANTEÑEN
Todas as contempladas na redacción orixinal da guía docente.
METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MODIFICAN
Non se contemplan modificacións, entendendo que as metodoloxías previstas pódense desenvolver tamén mediante ferramentas en liña.
3 MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA Ao ALUMNADO
Crearase un foro específico en Moodle mediante o cal o alumnado poderá formular preguntas e interactuar cos seus pares. O profesorado responderá ás posibles consultas, ben no propio foro, ben durante as actividades en liña que se programen.
Recorrerase igualmente a Teams co propósito de establecer canles de comunicación individualizada e/ou en grupo, a fin de resolver dúbidas e de analizar a progresión dos traballos tutelados.
4 MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN
Non se expoñen cambios nos criterios xerais de avaliación.
Como excepción, e en casos de posible confinamento documentado do alumnado, o requisito de asistencia mínima poderá ser substituído, a petición do estudante, por unha carteira dixital que facilite o seguimento do seu traballo.
5 MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA OU WEBGRAFÍA
Non se contemplan cambios neste elemento.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías