Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Urbanística 5 Código 630G02042
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Quinto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Rodriguez Alvarez, Jorge
Correo electrónico
jorge.ralvarez@udc.es
Profesorado
Diaz Revilla, Alfonso
Llamazares Castro, Jesus
Rodriguez Alvarez, Jorge
Seoane Prado, Enrique
Correo electrónico
a.diaz.revilla@udc.es
j.llamazares@udc.es
jorge.ralvarez@udc.es
enrique.seoane@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Urbanística 5 céntrase no desenvolvemento das competencias propias da planificación e deseño urbanos. De este xeito, ten unha orientación eminentemente práctica, abordando algúns dos temas máis relevantes na práctica urbana contemporánea, incluíndo aspectos de sostibilidade, igualdade, xestión, economía ou o marco legal e os procesos de tramitación. A aprendizaxe estrutúrase ao redor dunha serie de exercicios prácticos e proxectos de curso, nos que se poñen en práctica os conceptos e ferramentas introducidos nas sesións expositivas. O proxecto da materia desenvolverase nunha zona inacabada da cidade, normalmente asimilable a un solo urbano non consolidado, na que é relevante unha operación de rexeneración urbana adaptada ás condicións actuais e futuras. A figura urbana de referencia será o Plan especial de Reforma Interior (PERI), que intentará dotar a esta área das infraestruturas necesarias, integración de usos e tipos de edificación, apoiándose na formalización do espazo colectivo público e privado, na mellora da urbanización, e na resposta adecuada ás condicións existentes, a través de respostas rexeneradoras nos seus aspectos ambientais e construídos. A materia tamén apoiará o Taller do noveno semestre, seguindo o calendario, as pautas e os exercicios acordados coa materia Proxectos 8, que coordina ese Taller.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos -Non se realizan cambios 2. Metodoloxías A. Metodoloxías docentes que se manteñen: -ANÁLISE DE FONTES DOCUMENTAIS. -ESTUDO DE CASOS B Metodoloxías docentes que se modifican: - SESIÓN MAXISTRAL. Adaptación da forma presencial tradicional á forma non presencial a través da plataforma Teams -DISCUSIÓN DIRIXIDA. Adaptación da forma presencial tradicional á forma non presencial a través da plataforma Teams e foros de Moodle -OBRADOIRO. Realizase a tutela de dito traballo a través das plataformas dixitais aportadas pola UDC. (Teams) mediante titorías acordadas con cada equipo -PROBA OBXECTIVA. Non se realizará a proba obxectiva final. A avaliación deste coñecemento se incorpora a metodoloxía de estudio de casos -PROBA PRÁCTICA. Non se realizará a proba mixta final. A avaliación deste coñecemento se incorpora a metodoloxía do estudo de casos. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado serán por Teams ou Moodle 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente, de luns a venres e en horario lectivo. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente, de luns a venres e en horario lectivo. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da escola. De 1 a 2 sesións semanais en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase: – A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. -A profundidade do contido. -O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas. -O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A presentación e a claridade da exposición. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías