Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas Expresión Gráfica Arquitectónica Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Cuba Cabana, Hilda
Correo electrónico
hilda.cuba@udc.es
Profesorado
Antelo Tudela, Enrique
Cuba Cabana, Hilda
Lizancos Mora, Plácido
Mesejo Conde, Mónica
Muñiz Núñez, Patricia
Rodriguez Alvarez, Jorge
Correo electrónico
enrique.antelo@udc.es
hilda.cuba@udc.es
placido.lizancos@udc.es
monica.mesejo@udc.es
patricia.muniz@udc.es
jorge.ralvarez@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta materia ten por obxectivo desenvolver as capacidades do alumnado para analizar -desde un enfoque de dereitos- a construción do hábitat humano a partir de procesos, formais ou non, tanto nas sociedades opulentas como nas empobrecidas.
Plan de continxencia
DOCENCIA E AVALIACIÓN PRESENCIAL: Con carácter xeral toda a docencia, expositiva e interactiva, e a avaliación, será presencial segundo a presente guía docente, agás o referido no plan de continxencia.
DOCENCIA ALTERNATIVA (SITUACIÓN DE RESTRICIÓN TEMPORAL): Adoptarase ante circunstancias transitorias debidas a gromos ou peches, polas circunstancias sanitarias, de acordo co plan de continxencia. No caso de confinamento puntual de parte do alumnado, implementaranse os medios tecnolóxicos que facilite o centro para posibilitar que as aulas e obradoiros presenciais poidan ser seguidas en modalidade non presencial.
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral.
- Obradoiro.
- Proba mixta.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral: adaptarase á forma telemática a través da plataforma Teams.
- Obradoiro: adaptarase á forma telemática a través da plataforma Teams.
- Proba mixta: formalizarase unha entrega a través da plataforma Moodle/Teams e complementarase coa avaliación telemática dos contidos teórico-prácticos.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas.
- Moodle: semanalmente. Empregarase para facilitar documentación adicional ás sesións maxistrais ou para o obradoiro.
- Teams: 1 sesión semanal na franxa horaria asignada á materia no calendario de aulas da Escola. Tamén servirá como canle de comunicación para a atención individual ou grupal no horario de titorías de cada docente.
4. Modificacións na avaliación
Traballo no obradoiro (100%). En relación co traballo elaborado, valorarase:
- O grao de seguimento virtual e participación nas sesións de traballo.
- A pertinencia e adecuación metodolóxica das propostas.
- A orixinalidade e profundidade do contido.
- O tratamento dunha linguaxe visual e escrita propia da arquitectura.
- A utilización de fontes documentais relevantes e actuais.
- A presentación e a claridade na exposición.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións presenciais que tiveron lugar até o momento no que se suspendeu a actividade presencial e no momento en que esta se reanude.
SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
- Asistencia/participación mínima esixida nas actividades da aula: 80%.
- Valoración da elaboración e presentación dos traballos: 100%.
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención da asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
- Asistencia/participación mínima esixida nas actividades da aula: 50%.
- Valoración da elaboración e presentación dos traballos: 100%.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
- Obter unha puntuación de 5 sobre 10 no traballo teórico-práctico do obradoiro.
- Entregar e expoñer o traballo nas datas que se indiquen.
- Quen non superase a primeira oportunidade poderá presentarse a unha segunda, que consistirá nunha proba mixta de tipo teórico-práctico no mes de xullo, segundo o calendario oficial. Para poder presentarse a esta segunda oportunidade, o alumnado deberá entregar o traballo teórico-práctico, axeitadamente titorizado polo profesorado, no momento de realización da proba.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Facilitaranse a través de Moodle /Teams as fontes de información necesarias para o desenvolvemento do curso.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías