Nesta materia danse a coñecer os conceptos fundamentais e as aplicacións máis elementais de Álxebra Lineal, Xeometría do Plano e do Espazo Afín e Euclídeo, Análise de Funcións Reais dunha Variable Real e Variable Complexa. O alumno vai aprender a manexar con soltura as ferramentas básicas de Álxebra e Cálculo pero tamén a mellorar as súas habilidades na aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías necesarias para continuar a súa formación. Tamén a traballar con material bibliográfico e recursos informáticos, a elaborar unha memoria/informe de modo rigoroso e sistemático, a escribir e transmitir coñecementos correctamente, a realizar eficazmente as tarefas asignadas como parte dun grupo, etc. En concreto será capaz de resolver e analizar os resultados dos problemas matemáticos que poidan xurdir na enxeñería, a usar modelos matemáticos e a identificar o caso en que deben aplicarse.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
• Metodoloxías docentes que se manteñen:
Atención personalizada.
• Metodoloxías docentes que se modifican
Proba obxectiva. De non poder realizarse presencialmente, a proba obxectiva será realizada coas ferramentas de avaliación online que a Universidade pon á disposición da comunidade.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: En horario laboral. Para facer consultas breves e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas en horario de titorías.
– Campus virtual: Diariamente. Segundo a necesidade do estudantado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias.
– Teams: Sesións individuais para a resolución de dúbidas, previa solicitude por parte do alumno.
4. Modificacións na avaliación
a) Metodoloxía: Proba obxectiva
Peso na cualificación: 100%
Descrición: Proba individual de asimilación de coñecementos teóricos e prácticos.
*Observacións de avaliación:
De recollerse material de avaliación online, resérvase a posibilidade de convocar ós alumnos a unha defensa oral dese material.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada no Campus Virtual así como de diversos enlaces a libros electrónicos dispoñibles a través da Biblioteca da UDC para facilitar ao alumnado o acceso á bibliografía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías