Os obxetivos da Mecánica de Fluidos céntranse no estudo dos fluidos en reposo ou en movemento así como nos correspondentes efectos nos contornos. O coñecemento dos principios básicos do comportamento dun fluido resulta esencial á hora de analizar e deseñar todo sistema que conta cun fluido operativo como sistemas de tuberías e máquinas hidráulicas.
O alumno debe ter coñecementos de Termodiánimica e Mecánica ademais dunha sólida base física e matemática.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión Maxistral (computa na avaliación) Solución de problemas; Traballos tutelados (computa na avaliación); Proba obxectiva (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Pra facer consultas, resolver dúbidas teóricas e de resolución de problemas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: A través dos foros poden formular consultas sobre os contidos teóricos e resolución de problemas. Tamén se poden planear debates dirixidos sobre determinados contidos da materia. – Teams: Sesións no horario oficial para o desenrolo dos contidos teóricos-prácticos e dos traballos tutelados. Sesións adicionais se é necesario ou baixo demanda do alumnado, para a resolución de dúbidas e apoio nos traballos tutelados
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados pasan a computar un 30 %. Proba obxectiva pasa a computar un 60 %.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense os mesmos requisitos na 2ª oportunidade, computándose a asistencia tanto presencial como non presencial si é o caso (segundo a listaxe de asistencia descargada desde Teams). Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de titorías corresponderase coa avaliación dos traballos tutelados e das probas obxectivas, cunha ponderación do 30 e do 70 %, respectivamente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. O alumnado pode acceder aos contidos dixitalizados tanto teóricos como prácticos en Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías