Tendo en conta que se trata dunha materia troncal preténdese que o/a alumno/a adquira os coñecementos teóricos e prácticos necesarios e suficientes, conducentes á obtención do título académico que pretende; e no exercicio da súa profesión, poida resolver cantas cuestións preséntenselle no campo das máquinas térmicas mariñas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión Maxistral (computa na avaliación)
- Solución de problemas (computa na avaliación)
- Traballos tutelados (computa na avaliación)
- Análise de fontes documentais (computa na avaliación)
- Proba obxectiva (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Pra facer consultas, resolver dúbidas teóricas e de resolución de problemas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: A través dos foros poden formular consultas sobre os contidos teóricos e resolución de problemas. Tamén se poden planear debates dirixidos sobre determinados contidos da materia.
– Teams: Sesións no horario oficial para o desenrolo dos contidos teóricos-prácticos e dos traballos tutelados.
Sesións adicionais se é necesario ou baixo demanda do alumnado, para a resolución de dúbidas e apoio nos traballos tutelados.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados pasan a computar un 30 %.
Proba obxectiva pasa a computar un 70 %.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense os mesmos requisitos na 2ª avaliación, computándose a asistencia tanto presencial como non presencial si é o caso (segundo a listaxe de asistencia descargada desde Teams).
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de titorías corresponderase coa avaliación da metodoloxía de traballos tutelados e probas obxectivas, cunha ponderación do 30 e o 70 %, respectivamente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. O alumnado pode acceder aos contidos dixitalizados tanto teóricos como prácticos en Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías