Prácticas de laboratorio |
Os alumnos desenvolverán prácticas para a aprendizaxe da instrumentación electrónica básica. Xunto coas devanditas prácticas, os alumnos deberán responder sendos conxuntos de preguntas relacionadas cos temas a desarrollarse naquelas. |
Traballos tutelados |
Os alumnos deberán realizar de forma autónoma un traballo proposto polo profesor de prácticas utilizando a ferramenta sóftware (TIC) de simulación de circuítos electrónicos. Ademais, ao final do curso os alumnos que aprobasen a materia poderán solicitar realizar un traballo adicional (de modo independente) para optar a subir nota (ver sección de avaliación). A temática deste traballo adicional será proposta polo profesor e estará relacionada con algúns dos contidos da materia. |
Solución de problemas |
Exposición didáctica de resolución de problemas similares aos que se propoñen na proba mixta. Os alumnos deberán resolver, nas datas estipuladas previamente e coa mesma metodoloxía que a dun exame, un conxunto de tests propostos polo profesor. Cada test consistirá en dous problemas sinxelos e unha pregunta cuxa resposta deberá xustificarse razoando. |