1. Modificacións nos contidos
- Non se farán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Traballos tutelados (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral (a través de Teams e vídeos en Sharepoint)
- Prácticas de laboratorio (a través de Teams) (computa na avaliación)
- Resolución de problemas (a través do Campus Virtual e Teams) (computa na avaliación)
- Proba obxectiva (a través do Campus Virtual e Teams) (computa na avaliación)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. Uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento das prácticas, a resolución de problemas e o traballo tutelado.
- Campus Virtual: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen dos contidos teóricos de todos os temas. Tamén dispoñen dos enunciados de prácticas e problemas, así como vídeos de elaboración propia en Sharepoint para complementar os contidos teóricos. Tamén se lles proporcionan enlaces directos á bibliografía dispoñible na UDC.
- Teams: 1 sesión semanal de 2 horas en grupo único para avanzar nos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da escola. Outra sesión semanal de 2 horas en grupo único, tamén na franxa horaria que ten asignada a materia, para o seguimento e apoio das prácticas, a resolución de problemas e do traballo tutelado. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades de aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
- Tanto a proba obxectiva, como a presentación de prácticas, entrega de problemas e defensa do traballo tutelado, pasarán de ser presenciais a ser on-line a través de Teams.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías