O tratamento da auga tense convertido nunha ferramenta fundamental na xestión deste recurso. De feito, o obxectivo fundamental da Directiva Cadro da Auga (2000/60/EC) é conseguir a eliminación de sustancias perigosas e contribuir a acadar concentracións cercanas aos valores de referencia de aquelas sustancias presentes de forma natural tanto nos medios de auga doce como mariños. Así, o obxectivo principal desta materia é axudar aos estudantes a identificar e avaliar factores e risco e procesos relacionados coa contaminación e o tratamento da agua.
Plan de continxencia
1.Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral (computa na avaliación)
- Obradoiro (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Prácticas de laboratorio (pasarán a realizarse exercicios coa profesora a través da plataforma Teams)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-CORREO ELECTRÓNICO: Diariamente atenderanse as dúbidas e consultas dos alumnos.
-TEAMS: Os alumnos recibirán atención personalizada a través da plataforma Teams alomenos unha vez por semana e tamén baixo demanda.
-MOODLE: Empregarase esta plataforma para proporcionar apoio aos alumnos na elaboración de traballos e exercicios. Realizarase un seguemento semanal e atenderanse consultas baixo demanda.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:A avaliación adaptarase ás novas condicións e será realizada mediante traballos dos alumnos, do mesmo xeito que se contempla para a docencia presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías