Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Resistencia de materiais | Código | 632G02018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Segundo | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A13 A14 A16 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | A materia divídese a efectos de avaliación en 1º cuadrimestre e 2º cuadrimestre. En xaneiro haberá un exame do 1º cuadrimestre. Nos exames finais haberá dúas partes, correspondentes a cada un dos cuadrimestres. Para poder superar a materia a cualificación mínima en cada parte da proba obxectiva será de 20 puntos sobre 50. |
80 |
Proba práctica | A13 A14 A16 B10 B15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B16 B17 B18 C1 C2 C3 C6 | Ao longo do 2º cuadrimestre realizaranse de dúas a catro probas prácticas individuais e optativas para avaliar os contidos impartidos ata ese momento do 2º cuadrimestre, a realizar en horas de clase. | 10 |
Solución de problemas | A13 A14 A16 B10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 | O estudante deberá resolver individualmente dous exercicios prácticos do tema 2 a entregar nunha data fixada anterior á 1ª proba oral. Esta proba é optativa. | 2.5 |
Proba oral | A13 A14 A16 B10 B15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B18 C1 C2 C3 C6 | Ao longo do 1º cuadrimestre realizaranse dúas entrevistas individuais e obrigatorias para avaliar os contidos teóricos impartidos ata ese momento, a 1ª ao remate do tema 2 e a 2ª ao remate do tema 6. A data e hora concretas comunicaranse por correo electrónico ou Moodle. Se o estudante non se presenta a algunha das entrevistas ou a cualificación global é inferior a 50 puntos sobre 100, deberá realizar unha proba oral de toda a materia do 1º cuadrimestre, que se levará a cabo na data dos exames ou outra previamente acordada. Para poder superar a materia a cualificación mínima da proba oral será de 40 puntos sobre 100. | 7.5 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, os estudantes deberán obter unha nota igual ou superior a 50 sobre 100, suma dos resultados de todas as probas. Dentro do mesmo curso académico, os estudantes con nota igual ou superior a 40 sobre 100 nalgunha parte (cuadrimestre) da proba obxectiva poderán presentarse unicamente á outra parte. Os estudantes que se presenten a unha parte nos exames finais perden a nota que puidesen ter desa parte de exames anteriores. |