Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos: Non se modifican
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, no caso de que a docencia presencial sexa posible, agás as titorías (ver despois).
- Prácticas de laboratorio: Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracions, exercicios, experimentos e investigacions.
- Sesión maxistral: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
- Estudo de casos: Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
- Proba práctica: Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente alguna practica que previamente tivese feito durante as clases prácticas.
- Proba de resposta múltiple: Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. As respostas erradas restarán puntuación das correctas.
- As titorías se levarán a cabo exclusivamente por vía telemática (correo electrónico, Teams). Esta condición se manterá inda que sexa posible a docencia presencial.
*Metodoloxías docentes que se modifican
No caso de que a docencia presencial non sexa posible:
- Prácticas de laboratorio: Realizaranse a través do estudo de casos y/o análises de videos, relacionados cos contenidos teóricos, e a través das plataformas oficiais das que dispón a UDC.
- As clases maxistrales se divulgarán mediante presentacións comentadas a traverso da plataforma Moodle, e a través das plataformas oficiais das que dispón a UDC.
- Proba de resposta múltiple: Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. As respostas erradas restarán puntuación das correctas. Realizaríase por vía telemática a través das canles oficiais da UDC
-Traballo grupal de revisión
- As titorías se levarán a cabo exclusivamente por vía telemática (correo electrónico, Teams). Esta condición se manterá inda que sexa posible a docencia presencial
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Disponible diariamente, tanto para facer consultas como para programar reunións telemáticas por outras vías
- Plataforma Moodle, tamén disponible de xeito continuado, a traverso do Foro de Novas e a asignación de tarefas
- Teams: Vía principal para as titorías que vaian máis aló dunha simple consulta (ex. traballos tutelados), e tamén para titorías e tarefas de grupo.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
Se non fora posible a docencia presencial, manténdose a avaliación, tendo en conta a participación por vía telemática a través das canles da UDC.
A proba teorica representa o 45% da avaliación. A proba práctica o 35% (estudio de casos y/o análises de videos, relacionados cos contenidos teóricos) . Entre ambas probas suman un 80%. A avaliación continuada supón o 20%, inclúe traballo grupal de revisión. Para aprobar a materia teñen que superar cada unha das unidades temáticas cunha nota do 50% sobre o total de cada apartado, a nota final resultase da media das 3 unidades temáticas. O aprobado de cada unidade temática mantense ata a 2ª convocatoria do mesmo curso.
Para guardar unha das partes da materia (teoria ou practica) hai que presentarse a ambalas duas.
Si un alumno se presenta a unha das partes e non fai na outra, a sua nota final constara como suspenso.
Nota: Farase un seguimento da asistencia por parte dos alumnos as sesións a través das vías telemáticas.
As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacions dun curso a outro en funcion das necesidades da materia, non obstante o valor do exame (teorico e practico) non sera inferior ao 80% da nota final.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai
|