Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes. Ao longo destas sesións proporcionarase unha panorámica xeral da intervención psicolóxica nos problemas de saúde abordados en cada un dos temas do programa.
Proba obxectiva Ao finalizar o curso realizarase unha proba obxectiva para avaliar os coñecementos do alumnado acerca dos contidos do programa
Obradoiro O alumnado será adestrado no desenvolvemento de competencias e habilidades terapéuticas para intervir no ámbito da psicoloxía clínica da saúde.
Traballos tutelados Cada alumno/a deberá realizar un traballo consistente na búsqueda e análise dun artículo no que se revise a literatura científica acerca dalgún dos temas da asignatura.