Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Intervención nos problemas de comunicación e linguaxe en T.E.A e algunhas propostas informáticas par Código 652498031
Titulación
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Pereira Loureiro, Javier
Correo electrónico
javier.pereira@udc.es
Profesorado
Groba Gonzalez, Betania
Nieto Riveiro, Laura
Pereira Loureiro, Javier
Correo electrónico
b.groba@udc.es
laura.nieto@udc.es
javier.pereira@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Esta materia estructurase en dous bloques: Bloque I: Programas de intervención, impartido por Ana Guillén Ubico e Sergio Cored Bandrés (Universidad de Zaragoza) e Bloque II: Aplicacións informáticas, impartido por Javier Pereira Loureiro, Laura Nieto Riveiro e Betania Groba González (Universidade da Coruña). Nesta materia o alumnado poderá: - Coñecer e comprender os principios xerais da intervención coa poboación con trastornos do espectro do autismo (TEA), con especial referencia ao ámbito da comunicación e a linguaxe. - Coñecer e analizar criticamente os principais modelos teóricos que fundamentan as estratexias e/ou programas de intervención comunmente aplicados coas personas con TEA. - Coñecer os obxectivos, estrutura e procedementos dos principais programas de intervención aplicados coas persoas con TEA. - Seleccionar, adaptar e implementar algúns dos procedementos e/ou programas máis representativos para o desenvolvemento da linguaxe e a comunicación nas persoas con TEA. - Deseñar, implementar e avaliar un programa de intervención adaptado ás necesidades de cada caso concreto. - Coñecer as posibilidades da intervención con persoas con TEA con programas informáticos que capaciten para a comunicación e creación de contidos de interese. - Desenvolver unha experiencia práctica co manexo de sistemas de comunicación dinámicos: acceso aos dispositivos ou programas, interruptores de control, emuladores de teclado, emuladores de rato, coleccións de sons e pictogramas con especial atención a ARASAAC.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizan. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Se manteñen todas as metodoloxías. *Metodoloxías docentes que se modifican: Non se modifica ningunha metodoloxía. As metodoloxías se desenvolverán de xeito virtual. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: A través do Campus Virtual, Teams e correo electrónico en horario de titorías. 4. Modificacións na avaliación: Non hai ningunha modificación. *Observacións de avaliación:-. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non hai ningunha modificación.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías