OPCIÓN
A
Alumnado
con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase
igual ou superior ao 85%:
a)
Elaboración e presentación do portafolios e traballos de análise de fontes documentais (30%).
b)
Exame escrito sobre os contidos da materia (70%).
OPCIÓN
B
Alumnado
cunha asistencia/participación nas actividades de clase inferior ao 85% e
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de
dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao
e mestrado universitario na Universidade da Coruña" (aprobada
en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016):
Exame
escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia (100%).
OBSERVACIÓNS
ADICIONAIS:
Para
o alumnado asistente (opción A):
1.
Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada
unha das partes obxecto de avaliación (portafolios e exame escrito).
2.
O portafolios presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao
exame é condición indispensable ter presentado o portafolios).
Para
todo o alumnado (opcións A e B):
1.
A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria
de xaneiro.
2.
Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o
19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non
presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non
concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso
académico.
Así,
será cualificado como “Non presentado” cando:
a)
Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na
guía docentes, ou
b)
Non se presente á proba do período oficial de avaliación.