Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Ser capaz de identificar os diferentes fundamentos teóricos e metodolóxicos dun proxecto de educación democrática e crítica, facendo especial énfase nos dereitos humanos e a igualdade de xénero, desenvolvendo culturas da mediación e da paz. |
A2 |
Utilizar modelos colaborativos de acción socioeducativa que promovan verdadeiras comunidades de aprendizaxe, favorecendo o traballo en contornos multiprofesionais |
A6 |
Desenvolver proxectos educativos de centro e/ou propostas pedagóxicas innovadoras baseadas na xustiza, a democracia e a diversidade. |
A9 |
Capacidade para desenvolver procedementos e metodoloxías que potencien a interdependencia e unha comunicación fluída entre diferentes axentes educativos e culturais tanto a nivel interno como co social más amplo. |
A10 |
Ser capaz de impulsar e desenvolver estratexias que impulsen a cultura de traballo en rede. |
A13 |
Ser capaz de detectar axentes locais e as súas políticas culturais e educativas activas así como as súas prácticas máis innovadoras. |
B1 |
Capacidade de análise e síntese |
B3 |
Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas |
B4 |
Aprender a aprender |
B8 |
Traballo colaborativo |
B12 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B13 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B14 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B15 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B16 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
B17 |
Comunicar as conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
B18 |
Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B19 |
Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos, valorando criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que debe enfrontarse. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |