Na primeira oportunidade
-
Avaliaranse as tarefas e traballos realizados durante o curso e a proba
escrita. A cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada
parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).
- É requisito imprescindible unha asistencia
mínima do 80% ás sesións presenciais. No caso de non alcanzarse dito porcentaxe
as tarefas e traballos non serán avaliados e a cualificación será de non
presentado.
Na segunda oportunidade
- O
alumnado que asistiu a lo menos ó 80% das sesións deberá repetir as partes non
superadas (tarefas/traballos e/ou proba escrita).
-
Os/as estudantes que non alcanzaran o porcentaxe de asistencia esixida ás sesións
presenciais deberán presentar, individualmente, todas as tarefas/traballos
propostos ó longo do curso.
-En
calquera caso, a cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada
parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).
Tanto os estudantes con dispensa pola súa situación de
vulnerabilidade debido a COVID-19 como o que ten recoñecemento
de dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime
da asistencia a clase segundo o establecido na "Norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC
(29/05/2012):
- Deberán
poñelo en coñecemento da profesora a primeira semana de clase
Na
primeira oportunidade, ademais da proba escrita, terán que
realizar, individualmente, todas as tarefas/traballos propostos ó longo do
curso e entregalos nas datas que estableza a profesora.
A
cualificación final será a media ponderada das notas das tarefas e traballos
realizados durante o curso e da nota da proba escrita, debendo obter en cada
unha das partes un aprobado (5 sobre 10).
Na
segunda oportunidade, deberán repetir ás partes non superadas (tarefas/traballos
e/ou proba escrita).
NOTAS XERAIS A AMBAS OPORTUNIDADES
- É primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía,
acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames
realizados como condición imprescindible para superar a materia.
- No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación
será motivo de suspenso da materia, según o establecido no artigo 14. 4. Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".