1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia
realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de
imprimilos.E de non ser posible, no útilizar
plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e
evitar
imprimir borradores.
2. Débese facer un uso sustentable dos recursos e evitar impactos
negativos sobre o medio natural.
3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais.
4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero
nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de
alumnos e alumnas…).
5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade.
6. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero
proporanse accións e medidas para corrixilas.
7. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un
acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
|