Traballos tutelados |
A1 A8 A9 A19 B3 B4 C3 C6 C8 |
A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no espectro dos espazos culturais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. |
40 |
Discusión dirixida |
A12 A13 A14 A19 B8 C4 C7 |
Os textos e temas que se traballen na aula serán obxecto, puntualmente, de discusión dirixida na aula. facilitando a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de profesor/a. |
15 |
Na avaliación terase en conta a participación e dedicación á materia tanto na aula como nas actividades realizadas fóra da mesma. Aquel alumnado que non supere a avaliación contínua, a partir das metodoloxías presentes na materia, terá que superar unha proba obxectiva. A presentación oral será presencial, a non ser que o impida o contexto (neste caso optarase polo modo telemático, vía Teams). O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, que fai uso da devandita exención,
debe presentar os traballos individuais que se orienten ao resto do
alumnado, así como un traballo final. Nos traballos a realizar o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou
permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de
suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades
disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento. Igualmente, será imprescindíbel a corrección lingüística á hora de dar por superados os devanditos traballos.
|