Traballos tutelados |
O TFM pode acollerse a distintas modalidades que están descritas no seu documento marco. Entre outras, estarían: o deseño e desenvolvemento dunha investigación educativa, a revisión e investigación bibliográfica, un proxecto integrado ou actividades complementarias, innovación educativa con elaboración de materiais didácticos, temáticas transversais ( perspectiva de xénero, educación mediática, competencia dixital docente etc.), programacións dos módulos ou materias da especialidade e deseño de unidades didácticas.
|
Presentación oral |
Consiste na presentación e defensa do TFM ante un tribunal composto por profesorado do mestrado. Para a exposición, que é pública, o alumnado disporá de 20 minutos. O tribunal realizará as valoracións e preguntas que estime oportunas e debatirá co alumno/a.
|