Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Inserción e orientación laboral | Código | 652606612 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Portafolios do alumno | A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 | Consiste nun informe no que o alumnado reflexiona sobre o proceso de aprendizaxe, dá conta das aprendizaxes construídas e indica a súa aplicación para a análise da situación da OP no centro de prácticas. Os criterios de avaliación e cualificación concrétanse nunha rúbrica que se presenta o primeiro día de clase. |
35 |
Presentación oral | C1 C3 | Presentación grupal do traballo tutelado. A cualificación desta tarefa é o resultado da co-avaliaciónv realizada a través dunha rúbrica, elaborada e consensuada polo alumnado. | 10 |
Prácticas a través de TIC | C3 | Consiste na creación dun marcador social e na representación da propia contorna de aprendizaxe. Os criterios de avaliación para o marcador son o número de recursos armacenados, o seu nivel de descrición e valoración e, se é o caso, o sistema de categorías e subcategorías utilizadas para a súa almacenaxe. Para a contorna persoal de aprendizaxe terase en conta o número de ámbitos, recursos e ferramentas incorporados, así como a análise e valoración da propia contorna persoal de aprendizaxe. | 5 |
Traballos tutelados | A18 A20 A21 A25 C1 C3 C7 | O resultado do traballo tutelado é o deseño dunha unidade didáctica de orientación profesional utilizando a aprendizaxe basada en proxectos. Os criterios de avalición e cualificación recóllense nunha rúbrica de entrada única que se presenta o primeiro día de clase. A auto e a coavaliación utilízanse para valorar o funcionamento do grupo e as achegas ao traballo grupal de cada un das persoas do grupo de traballo. Unha vez cualificada a unidade didáctica, nunha sesión de titoría grupal obrigatoria, facilítase retroalimentación atendendo aos criterios de avaliación. |
50 |
Observacións avaliación | |||
ASISTENCIA E SISTEMA DE AVALIACIÓN A asistencia ás aulas presenciais e, se é o caso, virtuais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular e que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar e entregar as actividades realizadas na aula. A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas catro actividades de avaliación descritas. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no portafolio e no traballo tutelado e ter realizadas as dúas tarefas restantes. . Na avaliación da segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades non superadas (traballo tutelado e portafolios do alumnado). Ó rematar as aulas e na data acordada, cada grupo presentará un dossier grupal que ha de incluír as actividades realizadas en grupo ( a presentación oral e a unidade didáctica de orientación), a planificación do traballo grupal e as fichas de auto e coavaliación do funcionamento do equipo de traballo, Os resultados da co-avaliación teñen efectos na cualificación individual de cada alumna e alumno. As persoas que non manteñan unha asistencia regular, realizarán unha proba mixta (de ensaio sobre os contidos da materia e de aplicación práctica) e realizaràn individualmente as tarefas grupais. Neste caso, a distribución das cualificaciones é a seguinte: proba mixta (4 puntos), traballo tutelado (5 puntos), presentación oral (1 punto) e as prácticas a través das TIC (0,5). Para superar a materia teñen que obter a metade da cualificación no exame e no traballo tutelado. Na segunda oportunidade recuperarán as partes non superadas. FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA a) Ausencia de citación de fontes As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7 edición. Co obxectivo de visibilizar as autores, a inicial do nome substituirase polo nome completo, tanto no caso de autores como de autoras. b) Plaxio O plaxio en calquera das tarefas será motivo de suspenso, en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO A utilización do galego e a súa calidade lingüística tamén vai ser obxecto de avaliación na presentación oral e nas actividades grupais e individuais. O seu peso na cualificación final pode acadar até 0,5 puntos. |