Bases epistemolóxicas para o ensino das linguas e literaturas galega e castelá
Código
652608821
Titulación
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
Anual
Primeiro
Obrigatoria
4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
iria.sobrino@udc.es
Profesorado
Carballal Miñan, Patricia
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
patricia.carballal@udc.es
iria.sobrino@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia constituirá unha aproximación ás principais achegas da Lingüística e a Teoría da Literatura ao ensino das linguas galega e castelá e a súa literatura. Ofrecerase un panorama da evolución da educación lingüística e literaria na ESO e o Bacharelato até a situación actual e analizaranse diferentes recursos de carácter innovador nestes ámbitos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
–Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
Mantéñense todas as metodoloxías, substituíndo a presencialidade pola comunicación a través dos medios telemáticos habilitados pola UDC: Campus Virtual, Teams e correo electrónico.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
– Correo electrónico: en horario lectivo. Pode empregarse para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Teams: cando se requira por parte dos/as alumnos/as, sempre no horario de titorías das profesoras ou no marco horario da materia.
4. Modificacións na avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
O cómputo de asistencia realizarase con respecto ás sesións presenciais ou ás virtuais síncronas.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%).
b) Proba de ensaio (30%)
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Traballo tutelado (70%).
b) Proba de ensaio (30%)
C) Alumnado non presencial:
a) Proba de ensaio (máis extensa) (100)%
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
a. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
b. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación.
c. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
- Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías