Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Metodoloxía do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria | Código | 652608822 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Lecturas | A17 A21 A24 A25 A19 | Valoración da comprensión da(s) obra(s) lida(s) e das capacidades de análise, razoamento, relación e organización das súas posibilidades na didáctica da lingua | 10 |
Obradoiro | A21 A22 A23 A25 A19 C1 C3 | Valorarase a participación do/ a estudante nas diferentes actividades levadas a cabo na aula, tanto escritas como orais. É necesaria a asistencia ás aulas | 10 |
Sesión maxistral | A3 A21 A19 C4 C5 C6 C7 C8 | Atención, colaboración e participación nas aulas maxistrais | 10 |
Traballos tutelados | A20 | Realización dun traballo tutelado (que poderá ser individual ou grupal) | 60 |
Proba de ensaio | A19 C1 | A través dunha actividade teórica ou práctica, o alumnado deberá mostrar o seu grao de asimilación das nocións e dos recursos que se lle presentaron, así como do seu aproveitamento didáctico | 10 |
Observacións avaliación | |||
Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes que a integran, polo que, en cada unha delas, haberá que obter como mínimo o 50% da puntuación máxima. Na segunda oportunidade, o alumnado só repetirá as partes que suspendese na primeira, e manterá a nota das que superase. O sistema de avaliación (en ambas as oportunidades) será o mesmo tamén para aquel alumnado con dispensa académica. Recoméndase que os envíos dos traballos se fagan por vía telemática. Se non fose posible a entrega telemática da versión definitiva, habería que imprimir o documento a dobre cara (e en papel reciclado) e absterse de utilizar plástico na encadernación. Canto aos borradores, o mellor é non imprimilos. Débese facer un uso sostible dos recursos, con vistas á prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. |