Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de ensaio A25 A26 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Proba consistente nunha reflexión sobre a metodoloxía do traballo por proxectos e a súa posta en práctica. Valoraranse os coñecementos adquiridos na materia, a capacidade de razoamento, a creatividade e o espírito crítico. Tamén se terá en conta a corrección expresiva e a claridade expositiva. 30
Traballos tutelados A23 A25 A26 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dun proxecto educativo interdisciplinar en grupo. 70
 
Observacións avaliación

Modalidades de avaliación

Estabelécense tres modalidades de avaliación:

  • 1. Para as persoas que asistan regularmente ás aulas:
  • Un traballo tutelado en grupo (70% da cualificación).
  • Unha tarefa de reflexión individual (30% da cualificación).

O traballo colaborativo é fundamental nesta modalidade de avaliación, polo que se realizará un seguimento da asistencia do alumnado ás aulas.

2. Para o alumnado con dispensa académica:

  • Un traballo tutelado (70% da cualificación). Segundo os casos, valorarase a posibilidade de realizalo en grupo ou individualmente.
  • Unha tarefa de reflexión individual (30% da cualificación).

3. Para as persoas sen dispensa académica que non asistan regularmente ás clases:

  • Unha proba de ensaio (100% da cualificación), que poderá ser diferente á que se propoña para a modalidade en que esta é só unha parte.

Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes, en calquera das dúas oportunidades, polo que será necesario obter no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Na segunda oportunidade o alumnado só repetirá as partes suspensas e manterá a nota daquelas que fosen superadas.

Os traballos entregaranse telematicamente a través dunha Tarefa creada para tal fin no Campus Virtual da materia.

Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.