Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A27 C2 Presentación oral dun tema relativo a avaliación (actividades ou tarefas de avaliación, teorías, investigación, aspectos prácticos, simulacións, deseño de actividades...). 30
Proba de ensaio A24 A27 C2 Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. 40
Aprendizaxe colaborativa A24 A27 C4 C6 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a do resto de membros do grupo.
30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia na convocatoria ordinaria o alumnado deberá asistir polo menos a un 80% das sesións presenciais.

Os items de avaliación son de obrigado cumprimento e para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación de 5 ou superior sobre 10. A nota final será o resultado da suma das cualificacións obtidas en cada un deles. 

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios e instrumentos.

AVALIACIÓN DE ALUMNADO CON DISPENSA ACADÉMICA

O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, solicitada formalmente en tempo e forma, deberá informar á profesora ao comenzo das clases e será avaliado na convocatoria ordinaria como o resto de alumnado presencial mediante os seguintes ítems:

- Presentación oral: 30%

- Traballo individual: 30%

- Proba de ensaio: 40%

AVALIACIÓN DE ALUMNADO NON PRESENCIAL

O alumnado que non asista polo menos a un 80% das sesións presenciais deberá informar á profesora ao comenzo das clases e será avaliado na convocatoria extraordinaria de xullo mediante os seguintes ítems: 

- Presentación oral: 30%

- Traballo individual: 30%

- Proba de ensaio: 40%

ImportanteA realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.