Sen dúbida, existen infinidade de formas e maneiras de avaliar, tantas como metodoloxías de ensino-aprendizaxe. Nesta guía docente plantexouse a educación como un proceso artístico, polo que a avaliación que aquí se plantexa, coherentemente, mana desde esta perspectiva. Deste xeito, tal e como plantexa Eisner (1995: 188), "a avaliación é unha ferramenta educativa mediante a cal pode exercerse a intelixencia profesional en beneficio dos estudantes". Isto ven a demostrar que avaliar é cuestión de dous implicados: estudantes e o profesor, polo que os criterios deben ser reflexionados e acordados en grupo. Ademáis, en ocasións se lles pedirá ao alumnado que elaboren autoavaliacións, mediante unha reflexión persoal e crítica dos procesos que experimentaron.Como se pode intuir, esta materia implica un compromiso forte do estudante co seu propio proceso de aprendizaxe artístico. Deste xeito a asistencia a clase resulta necesaria, non como unha obrigación -que tamén o é no espazo europeo de educación superior-, dado que os procesos viviranse na propia aula e o transcurso da materia írase construindo entre todos. A asistencia non é un formalismo, senón que se exise a participación activa e crítica do alumno dentro da aula.Tendo en conta esto, como criterios de calificación, haberá que aprobar todos os proxectos por separado para superar a materia. Na calificación final, a parte da nota media obtida nos tres proxectos, de maneira cualitativa terase MOI EN CONTA o grado de implicación do alumnado, de experimentación, de autoexisencia, de satisfacción persoal así como a capacidade de síntese e reflexiva do estudante ao longo do curso.
Para iso, a avaliación será continua e mediante a presentación de
traballos. O alumnado con dispensa académica, será avaliado mediante
exame.
Plaxio: aplícase o artigo 14.4 das Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario: "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel
obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber
lugar tras o correspondente procedemento".