Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía da educación | Código | 652G01003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A2 A10 A24 A10 C4 | Ademáis da asistencia activa (atenta, interesada) ás clases maxistrais, os contidos explicitados na exposición dos temas nas clases durante estas sesións serán avaliados e tidos en conta nos traballos tutelados cos que se planifica e avalía a materia. | 20 |
Portafolios do alumno | A12 A19 A24 A11 B19 | Terase en conta a puntualidade e cumprimento de prazos para os diferentes traballos, así como o seguimento das recomendacións, tanto para os contidos como das lecturas, etc. | 5 |
Traballos tutelados | A1 A6 A9 A23 A9 A23 B15 B16 B22 B25 B15 B22 C4 C7 | Ao longo do curso, semana a semana, haberá que elaborar un traballo sobre o tema ou contido correspondente, o cal deberá ser entregago a través da plataforma Moodle. As entregas periódicas terán carácter obrigatorio e, tanto os seus contidos como entregas serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento da materia. |
30 |
Lecturas | A9 A10 A14 A15 A24 B21 B23 B24 C6 C7 C8 | As lecturas deberán reflexarse nos traballos tutelados, tanto no que respecta á conformación de contidos como de referencias. Asemesmo, tamén poderán ter reflexo nas discusión ou debates. Ademáis, ao longo do curso aconsellaranse varias lecturas, dependendo a súa obrigatoriedade da disponibilidade de tempo que permita a planificación das demáis metodoloxías. |
15 |
Análise de fontes documentais | A13 A25 A57 B22 B23 B25 C6 C7 C8 | Esta é a parte ou compoñente principal para conformar axeitadamente os contidos dos traballos tutelados, polo que avalíase a procura, interese, intensidade e profundidade no análise das fontes de información e documentais. Polo que a súa avaliación é a fundamental dos traballos tutelados. | 30 |
Observacións avaliación | |||
Esta materia está plantexada para ser cursada mediante o traballo por parte do alumnado na investigación e elaboración de contidos, análises, etc. Asemesmo, trátase dunha avaliación continua. Polo tanto, a súa planificación e desenvolvemento céntrase no segumento a través dos traballos que deben desenvolverse semana a semana, en base aos contidos da materia, e que deben entregarse da forma indicada polo profesor. Sendo por tanto o seguimiento, interese, realización e entrega dos traballos os pilares do curso. Entenderase por avaliación suficiente para superar a materia na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas. Para o resto de casos e convocatorias haberá unha proba ou examen (oral ou escrita), no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico. O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua. |