A investigación e a avaliación en Educación empeza a orientarse cara un coñecemento más amplo sobre o descubrimento das posibilidade dos procesos de ensino e aprendizaxe para os/as investigadores/as, convertíndose nunha ferramenta para a formación permanente e autónoma dos/das docentes. Convertindo, desta maneira, aos/ás docentes en axentes investigadores e avaliadores.
O propósito formativo básico desta materia céntrase nun coñecemento do ámbito da investigación e avaliación educativa desde tres vertentes; teórica, metodolóxica e instrumental.
A proposta que se plantexa neste programa vai dirixida a que o alumnado teña unha panorámica xeral destes campos disciplinares, así como a que se vaian exercitando en prácticas específicas de investigación e avaliación, que supoñen un control da calidade dos procesos e dos produtos que conducirán a mellorar a calidade do ensino. Estas prácticas concrétanse ou precísanse no marco deste programa e se desenvolverán de forma paralela aos contidos teóricos.
Precísase, polo tanto, un/unha mestre/a investigador/a cuxo papel sexa fundamentalmente crítico e reflexivo, que centre a súa actividade cara un coñecemento directo do contexto onde actúa para dirixilo cara a consecución dun cambio.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Traballos tutelados.
- Proba práctica (computa na avaliación).
- Proba mixta (computa na avaliación).
- Atención personalizada.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
- Sesión maxistral (as clases expositivas en gran grupo non poderán ser impartidas presencialmente ata que o aforo oficial o permita; a súa impartición será realizada a través de presentacións asíncronas -powerpoint con narración- a través de Teams aloxándose no campus virtual antes das clases interactivas coas que estean relacionadas). – Traballos tutelados (non se realizarán as presentacións orais no caso de gromos, peches puntuais de aulas ou do propio centro).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: Diario. Para solicitar encontros virtuais individuais e grupais.
- Moodle: Disponse de “foros temáticos asociados aos módulos e aos traballos tutelados” da materia, para formular as consultas necesarias e discusións dirixidas.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 sesión semanal (ou máis segundo a demanda do alumnado) en pequeno grupo (ata 4/6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación:
Mantéñense as metodoloxías de avaliación e os pesos de cada unha na calificación global.
- Proba práctica (50%). Mantéñense os criterios de cualificación e corrección da proba.
- Proba obxectiva (50%). Mantéñense os criterios de cualificación e corrección da proba.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.
Tanto a proba mixta como a proba práctica serán a mesma para todos/as.
A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo na plataforma moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías