Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Algúns contidos do programa precisan unha exposición maxistral por parte do profesorado para centrar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Por iso, as clases expositivas, céntranse na exposición oral dos ditos contidos, complementada co emprego de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

De acordo co Modelo Docente da Facultade de Ciencias da Educación para o curso 21/22 por mor do COVID-19 (Aprobado pola Xunta de Facultade o 15 de xullo de 2021) as clases expositivas en gran grupo nos Graos non poderán ser impartidas presencialmente ata que o aforo oficial o permita. A súa impartición será realizada a través de presentacións asíncronas (powerpoints con narración) e subidas ao Campus Virtual antes das clases interactivas coas que estean relacionadas.

Os contidos desenvolvidos nas clases expositivas formarán parte da proba mixta.


Traballos tutelados As clases expositivas combinaranse con clases interactivas guiadas polo profesorado e nas que o alumnado cobra un papel importante. Nas clases interactivas, empregaranse metodoloxías deseñadas para promover a aprendizaxe autónoma dos/das estudantes, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Estarán referidas prioritariamente á aprendizaxe do “cómo facer as cousas”, o cal constitúe unha opción baseada na asunción polos/polas estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos/das estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesorado-titor.


Os contidos desenvolvidos nos traballos tutelados formarán parte da proba práctica.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.

Os contidos desenvolvidos nestas charlas, conferencias,.... formarán parte da proba mixta.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Proba práctica A proba final dos contidos desenvolvidos nas sesións interactivas realizarase mediante unha proba práctica na data de exame fixada pola Xunta de Facultade. Mediante esta proba búscase que o alumnado desenvolva parcialmente algunha práctica que previamente tivese feito durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida.
Proba mixta A proba final dos contidos desenvolvidos nas sesións expositivas realizarase mediante unha proba mixta na data de exame fixada pola Xunta de Facultade. Esta proba, poderá integrar preguntas tipo de probas de ensaio (abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas, que poderán combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.