Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
Proba mixta |
Proba práctica |
|
Descrición |
O profesorado realizará un seguimento do traballo que vaia realizando o alumnado asistente a través das prácticas que vaia realizando.
É importante que o alumnado realice as súas prácticas desde o primeiro día e acuda ás titorías de maneira asidua co fin de resolver as dúbidas que estime oportunas.
As titorías desenvolveranse, polo tanto, na aula, durante as clases e no despacho do profesorado, da seguinte forma:
* No caso de indicacións xerais a todo o grupo (realizaranse nas clases expositivas).
* A grupos de traballo pequeno (realizaranse nas clases interactivas -prácticas- ou de maneira virtual a través de Teams).
* Individuais (poderán ser tanto virtuais como presenciais e versarán sobre o progreso do alumnado). As presenciais realizaranse no despacho do profesorado e as virtuais a través de Teams.
|
|