Sesión maxistral |
A través das sesións expositivas, as profesoras explicarán os diferentes temas e conceptos incluidos neles para a súa mellor comprensión (vídeos, presentacións autoexplicativas,...). |
Lecturas |
Os estudantes realizarán unha serie de lecturas sobre diferentes temáticas para profundar sobre determinados aspectos. |
Proba de ensaio |
Proba asíncrona na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
Presentación oral |
Os estudantes deberán facer unha presentación oral dalgunha temática traballada. |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, a teoría dun ámbito de coñecemento. |