Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da expresión corporal | Código | 652G01020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de resposta breve | A1 A4 A5 A15 A53 A55 B2 B3 B9 B10 B15 B19 C1 | Ao longo do curso irase expondo ao alumnado diversas probas e/ou traballos curtos para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso. | 50 |
Traballos tutelados | A1 A4 A5 A53 A54 A55 A56 B1 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B12 B15 B22 C3 C5 C6 C8 | Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos na clase. O traballo poderase realizar individualmente ou en grupo. O profesorado da materia especificará os requisitos formais de presentación dos traballos, tanto na súa parte escrita como na oral. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. | 50 |
Observacións avaliación | |||
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, a asistencia ao 80% das sesións será obrigatoria. Non só será suficiente a asistencia, senón que tamén se computará a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que medien entre eles. Segunda oportunidade: o estudiantado que asistiu a o 80% ou máis das sesións na primeira oportunidade manterá as cualificacións que acadaron a puntuación mínima indicada polas docentes. Deberán repetir as partes da avaliación que non alcanzaron ese mínimo. O alumnado que non asiste ao 80% das horas de clase na primeira oportunidade, ten á súa disposición un modelo alternativo de avaliación, que será o mesmo para ambas oportunidades: haberá unha proba (100%), na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se debe demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia. Será necesario aprobar as duas partes, a teoría e a práctica, para superar a materia e para facer media entre elas. En ambas oportunidades e modelos avaliativos a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. Nesta materia, non se admite a exención académica da exención de asistencia, salvo nos casos previstos no apartado "Atención personalizada". As metodoloxías de “Práctica de actividade física” , "Actividades iniciais" e “Saídas de campo” están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Aínda no caso de non aplicarse o plan de continxencia, se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve”, "Análisis de fontes documentais" e "Discusión dirixida"). |