Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da expresión musical | Código | 652G01023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | Realización colectiva dun traballo tutelado que constará de dúas partes: 1. Elaboración dun portafolio que conterá o diseño de catro actividades didácticas baseadas nos obxetivos e no contido propio da materia, sendo a cuarta destas unha proposta didáctica consistente na realización dunha coreografía que, como as outras actividades, deberá contar cunha xustificación, así como coa formulación dos obxetivos e a especificación dos contidos que a sustentan. 2. Unha vez creada a coreografía, será escenificada e gravada en vídeo polos membros de cada grupo, podendo contar, entre outros, cos seguientes recursos complementarios. - Percusión corporal. - Dramatización musical. - Creación de xogos musicais. - Uso de reprodución, medios audiovisuales, musicogramas dinámicos, etc. - Empleo de escenografía e traxes. |
Proba mixta | Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na formulación de preguntas e exercicios prácticos relacionados có temario oficial. A segunda (oral) consistirá na execución dunha ou varias cancións (a elección do profesor), dentre as obrigatorias do curso. As cancións leeránse e mediranse (solfeo), cantaranse a capella e interpretaranse coa frauta doce. |
Obradoiro | Actividades individuais e colectivas que abarcarán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica: 1. Interpretación vocal. 2. Interpretación instrumental. 3. Práctica auditiva. 4. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e á educación musical. |
Actividades iniciais | Valoración dos coñecementos previos do alumnado. |
Prácticas a través de TIC | Transcrición dos exercicios teóricos, prácticos e compositivos aos formatos dixitais adecuados, segundo a súa natureza (abertos ou pechados). Estes arquivos serán compartidos e entregados para a súa avaliación mediante as plataformas informáticas que se establezan. |
Sesión maxistral | Presentación e desenvolvemento na aula dos conceptos fundamentais dos contidos propostos. Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/ás. Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios, congresos ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia. |